Wednesday 01 de May de 2024

Aguiño reparteu case 1000kg de percebe na súa feira gastronómica


Un ano mais a Confraría de Carreira e Aguiño organizou a tradicional feira gastronómica declarada de Interese Turístico Galego, na que se despacharon case 1000 kg de percebe.

Os homenaxeados este año como Percebeiros de Honra foron o exalcalde Manuel Ruiz e Rubén Lijó. Ao evento acudiu o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, así como tamén José Antonio Álvarez, presidente de Portos de Galiza.

“É necesario poñer en valor un sector que é máis que unha actividade económica que xera miles de postos de traballo, senón que tamén forma parte da esencia de Galiza.”destacou o alcalde de Ribeira Luis Pérez. “Quero mandarlle toda a miña gratitude a tódolos percebeiros e percebeiras que coa súa labor contribúen a enriquecer a nosa cultura, as nosas mesas e o noso amor polo mar.”